2018
Traballos de deseño gráfico desenvolvidos para Sinerxia.
Deseño de packging e maquetación.
Deseñamos para o noso cliente unha presentación moi orixinal en caixa de madeira gravada cun diorama no seu interior realizado con materiais reciclados e biodegradables.
Os dioramas deste proxecto son propios e de fabricación artesanal cun deseño que aposta pola calidade e a orixinalidade. Cada peza foi traballada como única inspirada no contido do informe e na súa riqueza informativa.
A materia prima fundamental, a madeira das caixas, procede de bosques xestionados de maneira sustentable, as estruturas interiores son de papel maché elaborado a partir de papel usado, os obxectos que simulan residuos proveñen de materiais reciclados como xoguetes ou plásticos refugados, as colas empregadas non son tóxicas e teñen un impacto ambiental moi reducido e a pintura á auga, baseada en copolímeros acrílicos puros de gran calidade, cargas minerais e pigmentos totalmente compatibles co respecto ao medio ambiente.