2020
Desenvolvemento da web e comercio electrónico do restaurante “El Central” en O Milladoiro “El Central”.
Comercio electrónico, deseño web e identidade corporativa.
Coma outros dos nosos clientes a xerencia do restaurante “El Central” decidiu adaptar a súa forma de venda á nova normalidade; fruto desta decisión é a súa web de comercio online na que os/as clientes/as poderán realizar os seus pedidos online para recollelos ou recibilos na súa casa ou posto de traballo, así como consultar a carta accedendo á mesma dende o propio restaurante mediante uns códigos QR deseñados para tal obxectivo e que están aplicados en tódalas mesas do establecemento. Deseñouse tamén un vinilo para instalar na entrada do establecemento con diferente publicidade.