Quero Deseño » Sinerxia ’20
Sinerxia ’20
- 07/06/2020
O Proxecto
Sinerxia presta servizos de consultoría estratéxica, innovación, recursos humanos, márketing e estudos de mercado así coma servizos avanzados para os sectores pesqueiro e agroalimentario, así como asesoramento científico-técnico a entidades e organismos nacionais e multinacionais representativos dos sectores do tecido público e empresarial.
Sinerxia solicitounos a renovación integral da súa web xa que os seus servizos e catálogo de accións aumentaran considerablemente.
Para a renovación do seu sitio empregamos como base un wordpress co fin de que o cliente tivera a posibilidade, dunha forma sinxela, de actualizar contidos de maneira dinámica e intuitiva.
Debido a que Sinerxia abarca unha ampla gama de servizos e ten a necesidade de xerar contidos de moi diversa índole modificamos en gran medida o código para que tiveran diferentes tipos de post tanto a nivel de backend como na forma de presentarse no frontend; establecemos diferentes opcións á hora de publicar para poder vincular contidos, imaxes, logotipos etiquetas e categorías.
Por outra banda redeseñamos toda a identidade da empresa, logotipos, imagotipos, tipografías, cores… que aplicamos xa na nova web e en distintos elementos de papelería así como en presentacións e outros soportes.
- CLIENTESinerxia Consultora
- DATA2020
- a nosa laborDeseño, desenvolvemento e produción