Quero Deseño » Celquisán Global
Celquisán Global
- 15/05/2021
O Proxecto
Celquisan Global é unha iniciativa dun grupo de persoas de diversa índole que deciden reunirse para ofertar os seus servizos de forma conxunta.
Un proxecto moi complicado a nivel de estruturación que requiriu unificar 4 temáticas moi diferentes nunha soa identidade corporativa.
Neste proxecto a dificultade foi reunir nunha soa identidade as diferentes áreas de acción do grupo, para iso empregamos gamas dunha única cor neutra para proxectar a cohesión sen prescindir da categorización.
Deseñamos a identidade corporativa e a web. Para o sitio web tivemos que diferenciar ben as 4 áreas de acción (eventos, obras, distribución e activos inmobiliarios) tanto a nivel de desenvolvemento e programación como da proxección dos contidos.
- CLIENTECelquisán Global
- DATA2021
- a nosa laborDeseño e desenvolvemento