Estraloque

Sobre este proxecto

A diferenciación é importante para distinguirse da competencia; máis ainda nun sector como o da hostalaría, onde as novas propostas sucédense de xeito rápido e contínuo. Estraloque oferta unha proposta verdadeiramente novidosa na súa área xeográfica: unha cafetería cultural. Ubicada nun centro municipal e con actuacións en directo, propón algo diferente aos seus clientes, combinando cultura e gastronomía.

O proxecto:

A súa imaxe gráfica, desenvolta cores cálidas que evocan o ambiente da cafetería, recolle a imaxe do estraloque, instrumento tradicional que da nome ao local. Desenvolvéronse diferentes ítems para o inicio da actividade como selo, cartas-menú, uniformes e tarxetas de fidelización.

Categoría
Brochure, Imaxe Corporativa
ACEPTAR
Aviso de cookies