Aviturga

Categoría
Brochure, Imaxe Corporativa
Sobre este proxecto

As vivendas de aluguer vacacional conforman un subsector cada vez máis potente da industria turística que contribúe a mellorar a economía de moitas familias galegas. AVITURGA, asociación sen ánimo de lucro que aglutina aos propietarios deste tipo de vivendas de toda Galicia e defende os seus intereses, decidiu dar a coñecer a súa actividade á todas as persoas interesadas.

O proxecto:

Toda a comunicación visual desenvolvida baseouse nas cores verde e azul; non só pola evidente vinculación de AVITURGA con Galicia, senón tamén pola mensaxe de tranquilidade e paz que comunican, sensacións que só as vivendas de aluguer vacacional, co seu entorno familar e acolledor, poden igualar. En concreto, realizáronse tríticos, dípticos e carteis.

ACEPTAR
Aviso de cookies